A desautomatización fraseolóxica en titulares xornalísticos cubanos do ano 2019

Author:

Labrada Hernández Geisy1ORCID,Bidot Martínez Irina2ORCID,Pérez Marqués Celia María2ORCID

Affiliation:

1. Universidade de Holguín

2. Universidade de Oriente

Abstract

O obxectivo deste artigo é identificar as funcións que desempeñan as unidades fraseolóxicas desautomatizadas nos titulares xornalísticos cubanos. Para iso elaborouse un corpus con 2689 titulares seleccionados de 144 exemplares, en versión impresa, dos tres xornais nacionais: Granma, Juventud Rebelde e Trabajadores correspondentes ao ano 2019. Na súa análise séguese unha perspectiva fraseolóxico-pragmática, na que se ten en conta a forma e o significado fraseolóxico das expresións en relación co contexto comunicativo onde se utilizan. Ademais de provocar interese e atraer a atención dos lectores, esta forma de título serve como vehículo para a ideoloxía subxacente; minimiza o papel do xornalista no que se valora ou comenta; representa unha forma de argumentación e contribúe á construción da opinión do autor. Como obxecto de estudo, a cualificación xornalística revela a orientación do medio, a posición asumida respecto ás noticias e a intención que guía o tratamento do tema. O presente traballo, ao solaparse coa fraseoloxía, tamén nos permite discernir como as nocións, actores e puntos de vista se conceptúan a través de expresións desautomatizadas, a través das cales tamén se indexa estratexicamente a ideoloxía do discurso. Por iso, destaca o valor da prensa como fonte prolífica para os estudos lingüísticos e como forma de entender a realidade sociocultural do territorio ao que pertence.

Publisher

Centro Ramon Pineiro para a Investigacion en Humanidades

Reference53 articles.

1. ALDAMA, Ismaray (2015): Propuesta teórica para el estudio de las unidades fraseológicas léxicas de carácter coloquial empleadas en el teatro cubano actual (Tese de mestrado). Universidad de La Habana.

2. ALFARO, Luis (2000): Estudio fraseológico del discurso oral de inmigrantes canarios y sus descendientes en la región central de Cuba (Tese de doutoramento). Universidad Central “Martha Abreu” de Las Villas.

3. ALFARO, Luis (2007): “La fraseología popular en el ámbito hispánico y en Cuba: algunas referencias históricas y bibliográficas necesarias”, en Islas, 49 (154), 143-159.

4. ATTARDO, Salvatore (2017): “Humor and Pragmatics”, en ATTARDO, Salvatore (ed.): The Routledge Handbook of Language and Humor. Nova Iorque / Londres: Routledge, 126-142.

5. CASTAÑÓN, Jesús (2003): “Magia y fiesta del lenguaje deportivo”, en Efedeportes.com. Revista dixital, 67. Dispoñible en http://www.efdeportes.com/efd67/idioma.htm [Data de consulta: 18/07/2020].

同舟云学术

1.学者识别学者识别

2.学术分析学术分析

3.人才评估人才评估

"同舟云学术"是以全球学者为主线,采集、加工和组织学术论文而形成的新型学术文献查询和分析系统,可以对全球学者进行文献检索和人才价值评估。用户可以通过关注某些学科领域的顶尖人物而持续追踪该领域的学科进展和研究前沿。经过近期的数据扩容,当前同舟云学术共收录了国内外主流学术期刊6万余种,收集的期刊论文及会议论文总量共计约1.5亿篇,并以每天添加12000余篇中外论文的速度递增。我们也可以为用户提供个性化、定制化的学者数据。欢迎来电咨询!咨询电话:010-8811{复制后删除}0370

www.globalauthorid.com

TOP

Copyright © 2019-2024 北京同舟云网络信息技术有限公司
京公网安备11010802033243号  京ICP备18003416号-3