Abstract
O obxectivo deste traballo é o de incorporar o modelo de crecemento endóxeno da poboación no modelo de crecemento dun sector de Solow. O estudo propón unha interdependencia dinámica entre a taxa de natalidade, a taxa de mortaldade, a poboación, a acumulación da riqueza, e a distribución do tempo entre traballo, lecer e coidado dos fillos. O aspecto da produción e acumulación de riqueza constrúese co modelo de crecemento de Solow. Baseamos o noso modelo de dinámica poboacional no modelo poboacional de Haavelmo e o modelo de elección de fecundidade de Barro-Becker. Resumimos estas forzas dinámicas nun marco compacto, mediante a función de utilidade proposta por Zhang. O modelo describe unha interdependencia dinámica entre cambios da poboación, acumulación de riqueza, división de traballo e a distribución do tempo por xénero entre o traballo, o lecer e o coidado dos fillos. Simulamos o modelo para probar a existencia de puntos de equilibrio e movemento do sistema dinámico. Tamén examinamos os efectos dos cambios nos efectos de cambio na tendencia a ter descendencia, a tendencia ao aforro, a tendencia das mulleres a perseguir actividades de lecer, o capital humano das mulleres e a implicación emocional dos homes no coidado dos fillos.
Publisher
Universidad de Santiago de Compostela
Subject
Economics and Econometrics
Reference71 articles.
1. Abel, A., Bernanke, B.S., and Croushore, D. (2007) Macroeconomics. New Jersey: Prentice Hall.
2. Acemoglu, D. and Johnson, S. (2007) Disease and Development: The Effect of Life Expectancy on Economic Growth. Journal of Political Economy. 115, 925-85.
3. Adsera, A. (2005) Vanishing Children: From High Unemployment to Low Fertility in Developed Countries. American Economic Review 95, 189-93.
4. Antecol, H. (2000) An Examination of Cross-country Differences in the Gender Gap in Labor Force Participation Rates. Labor Economics 7, 409-26.
5. Azariadis, C. (1993) Intertemporal Macroeconomics. Oxford: Blackwell.